Caroline Nixon & Michael Tomlinson



Descargar 1.33 Mb.
Página1/19
Fecha de conversión06.11.2018
Tamaño1.33 Mb.
  1   2   3   4   5   6   7   8   9   ...   19



Kid’s Box 2

english for spanish speakers

2nd Edition

Caroline Nixon & Michael Tomlinson

Educación Primaria




Programación didáctica



ÍNDICE DE CONTIDOS




1 Metodoloxía didáctica

1.1 Fundamentación teórica

1.2 Que achega Kid’s Box

1.3 Compoñentes do curso


2 Obxectivos

3 Competencias

3.1 Introdución

3.2 Contribución de Kid’s Box á adquisición de competencias

3.3 As competencias en Kid’s Box

3.4. Intelixencias Múltiples
4 Contidos

4.1 Bloques de contidos

4.1 Contidos mínimos
5 Estándares de aprendizaxe
6 Avaliación

6.1 Presentación

6.2 Criterios de avaliación

6.3 A avaliación en Kid’s Box

6.4 Instrumentos de avaliación de Kid’s Box
7 Necesidades específicas

8 Desenvolvemento das unidades didácticas

8.1 Contidos

Bloque 1. Comprensión de textos orais

Bloque 2. Produción de textos orais

Bloque 3. Comprensión de textos escritos

Bloque 4. Produción de textos escritos


Ø Coñecementos lingüísticos

- Funcións comunicativas

- Léxico

- Contidos sintáctico-discursivos

- Pronuncia e ortografía

- Linguaxe da aula





  • Estratexias de aprendizaxe

  • Aspectos socioculturais e sociolingüísticos

8.2 Competencias: Descritores – Actividades

8.3 Temas transversais e educación en valores

8.4 Enfoque interdisciplinario

8.5 Criterios de avaliación

8.6 Contidos - Criterios de avaliación – Competencias


Anexo - RÚBRICA DE AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS

1 METODOLOXÍA







1.1 Fundamentación teórica
Kid’s Box inicia o alumno no pracer de aprender inglés e permítelle mellorar o seu nivel de modo asiduo, ao longo dos seis libros que compoñen esta serie.
Kid’s Box foi deseñado especificamente para os colexios de España, tendo en conta o currículo educativo español, e de forma que o desenvolvemento das competencias lingüísticas se corresponda coa idade dos alumnos e o seu desenvolvemento cognitivo.
A serie elaborouse tendo en conta as propostas que se inclúen no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Os obxectivos do MCERL cobren os contidos dos exames Cambridge English: Young Learners de Cambridge ESOL (English for Speakers of Other Languages):
Cambridge English: Starters (por debaixo do Nivel A1)

Cambridge English: Movers (equivalente ao Nivel A1)

Cambridge English: Flyers (arredor do Nivel A2 do MCERL)
Kid’s Box axústase aos contidos dos exames Cambridge English: Young Learners de modo que cada ciclo de dous niveis se corresponde con un dos exames. De aí que a materia que se abrangue no primeiro ciclo coincida co que se esixe no exame de Starters, o segundo ciclo co de Movers e o terceiro co de Flyers. Todos os niveis inclúen exemplos de actividades tipo extraídas dos exames.
Ao final de cada unidade no Activity Book, hai unha páxina para practicar unha das partes dos exames Cambridge English: Young Learners. Estas páxinas foron deseñadas para reproducir o formato dos exames reais, pero foron coidadosamente graduadas para utilizar a linguaxe que os alumnos xa aprenderon.
Os seis niveis contribúen a desenvolver as habilidades dos alumnos e as alumnas nas catro destrezas (comprensión oral, produción oral, lectura e escritura) ao tempo que, cognitivamente, presentan un desafío e axudan o alumno a percibir unha auténtica sensación de progreso na aprendizaxe. Este punto é de grande importancia dado que un dos principios clave deste método é a aprendizaxe baseada na experiencia persoal.
Segundo nos lembra Plutarch, “A mente non consiste nun recipiente que hai que encher, senón nun lume que hai que prender”. Kid’s Box fundaméntase nesa idea de aprendizaxe. Dado que cando máis aprende o alumno é cando está interesado e entregado, unha das propostas de Kid’s Box é o uso continuado de materiais atractivos e actividades entretidas que fagan que este se sinta implicado mental e fisicamente e que o anime a comprender por si só a linguaxe.

As seis primeiras sesións presentan estruturas novas de linguaxe, incluíndo un chant, unha canción e unha historia ilustrada (picture story) coas súas actividades correspondentes. As unidades impares ofrecen dúas sesións máis, dedicadas a introducir e desenvolver un tema interdisciplinar (CLIL) e desenvolver e fomentar a conciencia intercultural e o traballo en valores.



A segunda edición de Kid Box presenta características especialmente pensadas para o alumnado español, como o uso da letra cursiva escolar en todos os textos do Libro do Alumno, Activity Book, My Home Booklet, Language Portfolio, pósteres e Wordcards dos niveis 1 e 2. Ademais ten en conta as necesidades específicas dos centros con proxectos bilingües, como un incremento na explotación e práctica dos contidos gramaticais.

1.2 Que achega Kid’s Box
Os materiais de Kid’s Box ideáronse co propósito de espertar interese e entusiasmo por medio das seguintes estratexias:
O humor presente nos personaxes e nas historietas. Un dos preceptos centrais á hora de crear Kid’s Box foi realizar un curso o máis estimulante posible para os máis novos. No caso dos alumnos de Primaria, a motivación é crucial para que o proceso de retención da linguaxe sexa satisfactorio. Tratouse de incluír un toque de humor nas presentacións e, en especial, na historieta que pon fin a cada unha das unidades. Esta historieta está pensada para repasar o que o alumno estivo estudando e para incitalo a estudar máis, porque ten interese en seguir o fío das aventuras dos personaxes. Ao mesmo tempo, actúa como aliciente e ‘premio’ ao final de cada unidade.
A creatividade e aprendizaxe por medio de accións e actividades. Debuxar, colorear, ‘make and do’, cancións, xogos e chants son todas elas actividades que, a primeira vista, poden suscitar desconfianza e aparentar contar con limitado valor didáctico no que se refire á adquisición da linguaxe. Non obstante, este tipo de actividades constitúe unha parte integral do proceso de aprendizaxe, xa que lle permite ao alumno ser creativo e contribúe de forma eficaz a que reteña firmemente o coñecemento.
Conecta o mundo exterior coa aula de modo que o alumno aprende sobre o mundo que o rodea ao tempo que aprende inglés. Isto axúdao a comprender que o inglés é algo máis que unha materia escolar e permítelle percibir formas en que o inglés pode utilizarse como instrumento para o coñecemento.
Descubrimento e desenvolvemento da autonomía do alumno, con vistas a que sexa capaz de aprender de modo eficiente e a que continúe o seu propio proceso de aprendizaxe. Anímaselles aos alumnos a que descubran cousas por si sós. Kid’s Box inclúe actividades de auto-corrección, listas de vocabulario para repasar e outras actividades para desenvolver a autonomía do alumno. A serie fomenta este enfoque co obxecto de capacitar o alumno para que, despois, leve a cabo tarefas investigativas fóra da aula de forma independente.
Fomento da tolerancia e o respecto. Axuda o alumno a valorar a diversidade cultural, a respectar as diferenzas e a desenvolver os valores humanos. O respecto e a protección do contorno natural van estreitamente ligados ao respecto cara a outros seres humanos, cuestión que se atopa presente ao longo de toda a serie de Kid’s Box.
O profesor adopta o papel de orientador e facilitador da aprendizaxe por medio de actividades en parellas, en grupo e role plays. As actividades de comunicación deste tipo proporciónanlle ao alumno a oportunidade de traballar independentemente, sen o profesor. Neste tipo de actividades, o profesor actúa como orientador e facilitador, manténdose relativamente á marxe da actividade e supervisando e intervindo, cando o considera necesario.
Tarefas prácticas como cancións, xogos, chants, actividades en parella, etc. próximas ao contorno do alumno. Para que a experiencia de aprender unha lingua sexa satisfactoria, os alumnos requiren actividades contextualizadas e relevantes ao seu contorno. Kid’s Box ofrece numerosas oportunidades para practicar de forma activa. Tan só por medio da práctica repetitiva, pódense desenvolver as destrezas, a reflexión e a comprensión. Á fin e ao cabo, apréndese a nadar dentro da auga…
É máis, en cada unha das unidades hai unha dobre páxina dedicada á Aprendizaxe Integrada de Contidos e Linguas Estranxeiras (AICLE). Estas leccións propóñense situar a aprendizaxe dunha lingua en contexto ao tempo que dan pé a aprender outras materias. Complementan perfectamente os contidos doutras áreas do currículo que o alumno está estudando, brindándolle así a oportunidade de consolidar e afianzar a súa aprendizaxe en xeral. Deste modo, o alumno atopa máis motivación grazas a interesantes temáticas que favorecen a aprendizaxe. A coidada gradación do nivel da linguaxe fai que as leccións que integran contido e lingua estranxeira se leven a cabo facilmente e resulten eficaces e entretidas. Ademais, aténdese á diversidade de capacidades dos alumnos co obxecto de garantir a participación absoluta de todos.
Unha das principais razóns polas que a aprendizaxe integrada dá tan bos resultados reside no feito de que o inglés se está desprazando de ser simplemente unha materia escolar máis a ser unha lingua vehicular na aprendizaxe doutras materias como as ciencias da natureza e as ciencias sociais. Con este cambio o alumno está exposto á nova lingua e pode empezar a utilizala máis naturalmente ao tempo que aprende os novos conceptos non-lingüísticos.
En consonancia co método na súa totalidade, as leccións AICLE teñen en conta as necesidades dos distintos estilos de aprendizaxe: intelixencia lóxico-matemática, visuo-espacial, musical, interpersoal e motriz (ou cinestética-corporal), así como a lingüística, que se contempla por medio do ensino do inglés como idioma.
1.3 Compoñentes do Curso
Cada un dos seis niveis de Kid’s Box consta dun Libro do Alumno (con My Home Booklet) e un Caderno de Actividades (con adhesivos, CD-ROM & Language Portfolio) para o alumno, e para o profesor: Class Audio CDs, Libro do Profesor, Pack de Recursos para o Profesor con Audio CD, pósteres e Dixital Box para encerados dixitais. Os niveis 1 ao 4 tamén veñen acompañados de flashcards e wordcards. O profesor dispón dun Tests CD-ROM (con Audio CD) cada un dos niveis.
O Libro do Alumno consta de 112 páxinas a toda cor e divídese en doce unidades. Cada catro unidades se presenta unha sección de repaso, denominada ‘Review’, que se vale de atractivos e estimulantes materiais para revisar o vocabulario e as estruturas gramaticais que se aprenderon en unidades anteriores. Ao final de cada unidade impar existe unha páxina con contidos inter-curriculares (CLIL) e unha páxina para o traballo en valores. Ao final do Libro do Alumno existe unha sección de pronuncia “Say it with me”, festividades e unha sección de referencia gramatical. Ao final do Libro do Alumno de Kid’s Box 2 hai recortables dos personaxes para traballar coas historias.
O Libro do Alumno incorpora ademais un My Home Booklet, con 32 páxinas, para que o alumno poida repasar cos seus pais na casa o contido e competencias traballadas na clase.
O Caderno de Actividades conta tamén con 104 páxinas ideadas para ofrecerlle ao alumno máis práctica do novo vocabulario e para axudarlle a afianzar a súa comprensión. Todas as unidades van acompañadas de stickers que se usan para repasar na sección do dicionario visual, onde o alumno pode tamén trazar as palabras do vocabulario básico. O Activity Book acompáñase dun CD-ROM pensado para realzar a experiencia da aprendizaxe por medio de xogos dinámicos que serven para practicar o vocabulario e as estruturas principais de cada unidade, ao tempo que animan o alumno a reflexionar sobre a pronuncia e a comprensión oral.
O Activity Book tamén contén oito páxinas de actividades prácticas para o Cambridge Inglés: Young Learners exames, ademais dunha sección de referencia gramatical. Ademais, hai unha historia con pictograma para cada unidade (unha versión da historia da unidade, onde o vocabulario clave foi substituído por imaxes).
Xunto ao Activity Book o alumno ten un Language Portfolio que, de acordo coas directrices do MRE, incita o alumno á auto-avaliación, así como a facer constar a experiencia de aprendizaxe de cada alumno ao longo da etapa escolar de primaria.
Os Audio CDs conteñen todo o material de escoita necesario para o Libro do Alumno e o Caderno de Actividades, incluídas as cancións e historietas. As cancións atópanse dispoñibles tanto en versión cantada como en karaoke.
O Pack de Recursos do Profesor presenta unha ampla gama de actividades co fin de atender á diversidade, ademais de actividades de reforzo e ampliación para cada unha das unidades. No Audio CD de regalo, inclúense tamén exames YLE extra con material de escoita. Así mesmo, as word cards servirán para afianzar o novo vocabulario.
O Libro do Profesor ofrece pautas didácticas para cada lección, ademais da transcrición das gravacións de todas as actividades de escoita e as respostas a todas as actividades, unha visión global do currículo por nivel, actividades extra, páxinas fotocopiables e actividades de avaliación.


O DVD interactivo presenta versións animadas das historietas, cancións con animación, vídeos documentais, manualidades, xogos interactivos, un quiz e rhymes tradicionais.


  1   2   3   4   5   6   7   8   9   ...   19


La base de datos está protegida por derechos de autor ©bazica.org 2016
enviar mensaje

    Página principal