Caroline Nixon & Michael Tomlinson



Descargar 1.33 Mb.
Página3/19
Fecha de conversión06.11.2018
Tamaño1.33 Mb.
1   2   3   4   5   6   7   8   9   ...   19



    Así mesmo, na programación de cada unidade inclúese a relación entre CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN e COMPETENCIAS da unidade.

    No anexo ao final deste documento inclúese unha RÚBRICA DE AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS que recolle os distintos descritores que formulamos para a consecución das competencias nesta materia e curso.

    O profesor pode utilizar esta rúbrica para avaliar as competencias e descritores asociados a cada unidade, ou cando considere oportuno ao longo do curso.



3.4 Intelixencias Múltiples

O psicólogo estadounidense Howard Gardner desenvolveu en 1983 a Teoría das Intelixencias Múltiples3 na que asegura que todos os seres humanos posuímos oito intelixencias que empregamos para desenvolvernos na vida. Cada individuo desenvolve unhas ou outras en maior ou menor medida segundo a súa xenética e a estimulación externa. No proceso de aprendizaxe, o profesor debe atender a todas e cada unha destas intelixencias para asegurar que todos os alumnos poidan acceder á aprendizaxe a través das súas habilidades persoais.

Os recursos empregados en Kid’s Box permítenlle ao alumno desenvolver as súas habilidades comunicativas de forma natural, xa que en todas as unidades se traballan as sete competencias co fin de que a mente funcione de forma global. A partir desas sete competencias, danse diferentes intelixencias múltiples. As actividades de Kid’s Box ideáronse para estimular os distintos tipos de intelixencia de forma que sempre haxa algo que sexa de interese para cada un dos alumnos.

A Intelixencia lingüística, a sensibilidade á palabra escrita e falada e a habilidade para aprender idiomas, é unha compoñente troncal en Kid’s Box que se explota combinado con outras intelixencias.

A Intelixencia interpersoal, a eficiente comunicación cos demais, preséntase como un aspecto vital da aprendizaxe dunha lingua. As actividades de comunicación contribúen ao desenvolvemento das habilidades interpersoais e animan os alumnos a traballar xuntos e seguir desenvolvendo as estratexias comunicativas.

A Intelixencia intrapersoal, expresión dos pensamentos internos e os sentimentos, vén integrada no proceso de aprendizaxe e desenvólvese en cada unha das unidades de Kid’s Box, capacitando así o alumno a ser máis consciente de si mesmo e do mundo que o rodea.



Kid’s Box ocúpase en todas as unidades da Intelixencia musical, apreciación do ritmo e da música, por medio de cancións, chants e raps. Segundo apunta Howard Gardner, esta intelixencia funciona case en paralelo coa intelixencia lingüística.

Tamén, ao traballar con alumnos de Primaria, resulta de grande importancia desenvolver o corpo e a mente de forma conxunta, de aí que a intelixencia motriz (ou cinestética-corporal), coordinación e conexión co corpo enteiro, se teña tamén en conta.

Hai unha serie de actividades nas que se explota a intelixencia lóxico-matemática. Estas actividades fomentan o desenvolvemento do pensamento lóxico e a resolución de problemas.

A intelixencia visuo-espacial, a expresión e comprensión a través do mundo visual, é unha das formas clave nas que os alumnos aprenden. Son moi conscientes do mundo que os rodea e con frecuencia pensan en debuxos e imaxes. A atractiva presentación de imaxes en Kid’s Box contribúe a que os alumnos sexan máis creativos e estimula a súa imaxinación.

Por último, a intelixencia naturalista, a habilidade para interactuar co mundo natural que nos rodea, é fundamental para a aprendizaxe integral dos alumnos. En Kid’s Box pódense atopar con frecuencia actividades de observación do contorno natural e de reflexión sobre o noso lugar neste.

As oito intelixencias múltiples pódense identificar ou asociar coas competencias. En canto á información e á habilidade tecnolóxica, Kid’s Box vén acompañado dun DVD interactivo e un CD-ROM nos que o alumno atopará variados recursos para practicar o que aprendeu en cada unha das unidades, contribuíndo á súa vez a desenvolver a aprendizaxe autónoma.


Ademais das competencias, en cada unha das unidades de Kid’s Box examínanse distintos aspectos socioculturais, actitudes e temas transversais por medio de varios tipos de actividades. Dentro da educación en valores, trátanse distintos campos ao longo do libro: Educación moral e cívica, Educación para a saúde, Educación para a paz, Educación para a igualdade, Educación do consumidor e Traballo cooperativo na aula. Deste modo, ensínaselle ao alumno, non só a aprender unha lingua, senón tamén a valorar e a respectar outras culturas, contribuíndo así ao seu desenvolvemento como seres humanos.
Así mesmo, o inglés está interrelacionado con outras áreas curriculares como son as matemáticas, as ciencias da natureza, as ciencias sociais, a educación artística, a música e a tecnoloxía. Isto débese a que todas as actividades propostas se ocupan non só da linguaxe, senón tamén da consecución doutras metas.

4 CONTIDOS




1   2   3   4   5   6   7   8   9   ...   19


La base de datos está protegida por derechos de autor ©bazica.org 2016
enviar mensaje

    Página principal